Jump to: Menu | Corpo | Pe

Quen somos?

Traballadores da Cultura

 

 

 

 

A nosa proposta é sinxela: Queremos construír un espazo para achegar a produción cultural con perspectiva galega a todos aqueles que cren, coma nós, en que unha visión universal e cosmopolita só pode construírse dende o recoñecimento da propia identidade, dende o que somos... un espazo onde estean dispoñibles todos aqueles produtos culturais galegos que son tan difíciles de atopar nas canles convencionais.

Nós propoñémosvos empregar os libros, a música, a banda deseñada ou o audiovisual para derrubar muros e abrir vieiros... para recoñecernos e para achegarnos ao mundo, con espírito crítico e aberto.

Non poderemos ter todo o que se crea ou transforma dende este país, polo momento... pero queremos ir construíndo... co que nos gusta e co que nos pidades, co que vos interese e co que creamos que merece a pena ser coñecido... co feito aquí e co recollido polos nosos artistas e editores en todo o mundo...

Arrincamos dende esta nova casa e dende as redes sociais unha nova etapa de portas abertas, con especial interese en escoitarvos e que nos axudedes a descubrir novas propostas e mellorar

Traballadores da Cultura ao voso servizo... arrincamos!

 

 

 

 

Misión

A nosa misión é a de facilitar o acceso da sociedade aos produtos culturais galegos, visibilizándoos e posicionándoos nas máximas canles posibles, establecéndonos ademais como socios estratéxicos do tecido cultural galego na comercialización dos proxectos e produtos xerados. 

Valores

  • Cremos na cultura galega, como orixe de proxectos de calidade
  • Cremos nos artistas, produtores e editores que traballan e apostan pola cultura como valor social
  • Cremos na creatividade e na innovación, como ferramentas básicas de traballo
  • Cremos nas persoas, como os iniciadores e produtores de ideas
  • Cremos no traballo en equipo, como potenciador de mellores resultados
  • Cremos nas sinerxias do eido B2B como un xeito chave de chegar a un maior público
  • Cremos nas solucións tecnolóxicas no eido do B2C e B2B como xeito de traspasar as barreiras xeográficas e de optimizar os recursos dun proxecto.
  • Cremos no trato persoa-persoa como base das relacións de traballo
  • Cremos na ética, como base para acadar acordos e establecer proxectos comúns
  • Cremos que a cultura galega pode e debe transcender o ámbito local

 E finalmente, cremos que toupa.net pode aportar: 

  • Coñecemento da realidade cultural do país
  • Independencia: Demostrando que toupa.net está por enriba de posicionamentos políticos ou momentos culturais determinados.
  • Calidade dos produtos: Na escolla dos artigos.
  • Seguridade e fiabilidade: Tanto na compra como na entrega dos produtos.
  • Innovación: Tanto no deseño como nas iniciativas a desenvolver.
  • Proximidade: Trato personalizado do cliente.
  • Cantidade: Amplo catálogo con produtos específicos e exclusivos.
  • Concentración de oferta: Comodidade e aforro para o cliente á hora de pesquisar produtos culturais galegos nunha única plataforma.
  • Arqueoloxía cultural: Achegar ao cliente produtos xa esquecidos no tempo e que poden ter unha nova oportunidade grazas á visibilización web.