Jump to: Menu | Corpo | Pe

O pagamento

Modos de pago

Podes pagar o teu pedido con tarxeta de crédito, paypal ou contrarrembolso. Empresas, centros educativos, bibliotecas e outras entidades contan con modos de pago alternativos, como transferencia bancaria.

 
  • Tarxeta de Crédito > sen custo adicional > unha vez confirmado o pedido accederás á pasarela externa de CAIXA GALICIA para completar o pago. É importante que escribas todos os números da túa tarxeta seguidos, sen empregar espazos. Toupa.net non terá acceso aos seus datos de tarxeta bancaria, e simplemente recibiremos a confirmación de CAIXA GALICIA se o pago se realiza correctamente.  
  • PayPal > sen custo adicional > unha vez confirmado o pedido accederá á pasarela externa de PAYPAL para completar o pago. Toupa.net non terá acceso aos seus datos de PAYPAL, e simplemente recibiremos a confirmación de PAYPAL se o pago se realiza correctamente.
  • Contrarrembolso > con custo adicional >  recibirá o paquete no seu domicilio, tendo que realizar o pago no momento da entrega.
  • Transferencia ou Ingreso Bancario > sen custo adicional > Unha vez confirmado o pedido deberás realizar unha transferencia ou ingreso na conta bancaria que che indicaremos. Dado que traballamos cun stock moi axustado, só podemos manter a reserva dun pedido pendente de pago durante unha semana (7 días naturais), despois anularase automaticamente.
  • Saldo Toupa > sen custo adicional > só poderá seleccionar este modo de pago baixo indicación previa de Toupa.net