Jump to: Menu | Corpo | Pe

Envío

Cando recibirei o meu pedido?

O prazo de recepción dun pedido é resultado de sumar a dispoñibilidade dun produto para a súa expedición (destacado na súa ficha) co tempo de entrega do servizo loxístico, unha vez que sae das nosas instalacións. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa.

Se precisas un pedido nunha data concreta, podes solicitarnos información previamente á realización do teu pedido sobre este punto. 

Nalgúns produtos poderás atopar "Próximo Lanzamento". Isto indica que o produto aínda non saiu á venda e que podes realizar un pre-pedido. 

Tamén poden existir artigos "Suxeito a dispoñibilidade". Nestes casos debemos consultar ao provedor se o artigo está dispoñible.

Os prazos de expedición indicados son sempre orientativos. No caso de que existira algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, porémonos en contacto contigo para comunicarcho de inmediato e darche un novo prazo de entrega ou, se non fose posible servirche un produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un retraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dará dereito ao cliente a esixir indemnización algunha. 
 

  • Ordinario > a través de Correos > unha vez que todos os produtos estén dispoñibles nas nosas instalacións, o pedido entregarase no seu enderezo nos seguintes prazos estimados por Correos:
    - Envíos a Galicia: 2 a 6 días hábiles
    - Envíos ao resto do Estado: 2 a 8 días hábiles
    - Envíos á UE: 7 a 15 días hábiles
    - Envíos Internacionais: 7 a 45 días hábiles (recomendamos consultarnos antes de realizar o teu pedido / os envíos internacionais poden estar suxeitos a aranceis e taxas que algúns países imponen á súa recepción, as cales serán por conta do cliente ó recibilo pedido)

     
  • Urxente > só dispoñible en España, a través de TIPSA > unha vez que todos os produtos estén dispoñibles nas nosas instalacións, o pedido entregarase nun prazo máximo de 48 horas no seu enderezo. 
    No suposto de que detectases algún problema no momento da entrega (embalaxe deteriorado, paquete aberto, produtos faltantes ou deteriorados) debes indicalo por escrito no albará de entrega do transportista, e contactar connosco dentro das primeiras 24 horas seguintes á recepción. Non se admitirá ningunha devolución de artigo estropeado ou faltante, se non foi comunicado dentro do prazo establecido. 

     
  • Entrega Especial > Só poderás seleccionar este modo de envío baixo indicación previa de Toupa.net