Preguntas Frecuentes
A miña conta
Para acceder á túa conta só precisas o teu correo electrónico e o contrasinal que escolliches no seu momento. Se esqueces o teu contrasinal, clica en CONECTAR (esquina superior dereita) e sigue a ligazón de "recordar contrasinal"
Facer un pedido
Para realizar un pedido é preciso conectarse a Toupa.net, seleccionar os produtos que se desexe e rexistrarse como usuario, a través dos formularios e as instrucións facilitadas por Toupa.net en cada paso.
Cando recibirei o meu pedido?
O prazo de recepción dun pedido é resultado de sumar a dispoñibilidade dun produto para a súa expedición (destacado na súa ficha) co tempo de entrega do servizo loxístico, unha vez que sae das nosas instalacións. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa.
É a miña compra segura?
En Toupa.net empregamos o sistema de encriptación SSL, que outorga total seguridade á transmisión de datos a través da Rede, polo que os teus datos personais gozan de total confidencialidade e protección.
Modos de pago
Podes pagar o teu pedido con tarxeta de crédito, paypal ou contrarrembolso. Empresas, centros educativos, bibliotecas e outras entidades contan con modos de pago alternativos, como transferencia bancaria.
Podo devolver un produto?
Se non ficas satisfeito, podes efectuar a devolución das túas compras realizadas en Toupa.net, sempre e cando se conserven as embalaxes orixinais do produto. O prazo máximo para solicitar a devolución estipúlase en 7 días hábiles dende a recepción do pedido.





