Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Xosé Lois Romero

Xosé Lois Romero

Ligado dende cativo á música tradicional galega, a actividade de Xosé Lois Romero desenvólvese a partes iguais entre o acordeón, a percusión e a composición musical.

De formación maiormente autodidacta ten sido alumno de mestres coma Víctor Prieto, Abe Rábade, Suso Atanes, Oleg Sharov, Kepa Junquera ou Anne Landa.

Dende 1995 é membro do Grupo de Música Tradicional do IGAEM, e ten traballado con numerosos artistas e colaborado con proxectos de índole diversa (Mercedes Peón, Xabier Díaz, Luvas Verdes, Dani Bellón, Doce Polainas Enteiras, Projecto Ninguém, etc.).

Foi compositor e director musical da compañía Nova Galega de Danza, coa que ten acadado o V Premio Opinión ao Mellor Disco Galego de 2005, nos seus espectáculos Alento, e Engado (2006). Na actualidade participa en diversos proxectos coma o trío Vaamonde, Lamas & Romero, xunto con Suso Vaamonde e Pedro Lamas; ademais de ter sido o director musical do último traballo de Fuxan os Ventos "Terra de Soños"