Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Xoel López

Xoel López

A Coruña (1977)

Durante moitos anos, "Deluxe" foi a etiqueta trala que se agochaba o coruñés Xoel López, despois de comezar a súa carreira musical en grupos como Los Covers, de tendencia mod, ou os xa míticos Elephant Band.

A súa carreira musical con Deluxe só pode definirse como fulgurante, transitando dende o indie-pop en inglés máis alternativo nos seus comezos en 2001, ata as composicións en castelán con sonoridades máis pop dos seus últimos traballos.

Polo camiño participou en moitos outros proxectos, como Lovely Luna, co tamén coruñés Felix Arias.