Xocas Meijide
Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, é un prestixioso clarinetista apaixonado da música contemporánea e de cámara. Despois de tocar en varias orquestras, como a Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia, actualmente compaxina o traballo na Banda Municipal da Coruña coa súa carreira como solista por todo o mundo.





