Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Xoana Álvarez Martín

Xoana Álvarez Martín

Xoana Álvarez Martín naceu en 1983 no O Grove, provincia de Pontevedra. Licenciada en Económicas e en Antropoloxía Cultural e Social, a súa vocación máis destacada é a narración e ilustración, especializándose na Escola de Arte de Granada, cidade onde reside actualmente. Realizou varios traballos de ilustración e consolidouse como autora e ilustradora co conto “Os lunares de Lola”, un libro cheo de preciosas ilustracions e solidarias palabras de amizade. Agora sorpréndenos co conto “Que lle acontece á Avoa?”, onde resalta, dunha forma divertida, a parte humana entre unha avoa con Alzheimer e a súa neta.