Xesús Fraga
Xesús Antón Fraga Sánchez, nado en Londres o 28 de febreiro de 1971, é un escritor galego.
Naceu no barrio londiniense de South Kensington, pero axiña se trasladou coa súa familia á Coruña, e posteriormente a Betanzos. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Salamanca, actualmente traballa como redactor na sección de cultura do xornal La Voz de Galicia.





