Xelis de Toro
Xelís de Toro, nado en Santiago de Compostela en 1962, é un escritor e artista multimedia.
É licenciado en Filoloxía Galega. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1991-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Francisco Macías.
Foi cantante dos Quinindiola. Realizou performances multimedia con Terminal e con O buscapeixe. Na actualidade é colaborador habitual de Vieiros e reside en Inglaterra, onde traballa como editor internacional freelance.





