Uxía
A voz do Atlántico
A emoción e a experimentación musical son dúas constantes na miña vida.
O contacto e aprendizaxe doutras culturas marcan toda a miña traxectoria de máis de vinte anos. Galiza e a súa inmensa riqueza artística, as súas voces femininas e a nosa poesía acompáñanme no meu traballo desde a raíz. Esta tradición medra fluíndo con territorios portugueses, brasileiros e africanos, o que deriva nun son plural, íntimo, cálido e fresco no que me recoñezo.
Mirar ao atlántico é un horizonte que me fala para eu expresarme máis alto e máis claro. Ese mar que nos une transvasa músicas de ida e volta nun eterno navegar de sentimentos. Ofrezo así a miña voz como instrumento que non minte, e desembarco en portos de esperanza, amor e desamor, compromiso, tenrura e alegría, nunha síntese da miña inquedanza vital.
(texto - web oficial)





