Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Teresa Moure

Teresa Moure

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da "Irmandade do Libro" que concede a Federación de Libreiros de Galicia.