Som do Galpóm
Con Som Do Galpóm preséntase o futuro da música galega. Un estilo propio e único que vai do funk ao reggae, que flirtea co rap… pero que non casa con nada. Un quinteto, individualmente orixinal e mestura global, que vén coas baterías cargadas de festa e, sobre todo, con ganas de difundir un discurso de seu: a volta á inocencia e á naturalidade, nesta era das máquinas…
Eles son Som do Galpóm: Gael de Esteban (voz), Brais de Esteban (violín e coros), Xurxo García (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro (Baixo e coros) e Aitor García (batería). O quinteto gañador do certame musical Nsaio no Camiño 08 por diante de máis de 150 bandas. E precisamente de camiño, durante a xira previa na que concederon máis dun cento de concertos, tamén levaron os recoñecementos do GZcrea 07, do Festival Terra/Língua e do IV Reggae Foundation.
En marzo de 2009, Som do Galpóm pon á venda o seu primeiro disco. Chámase Em Terra de Ninguém, e constitúe todo un exercicio de reflexión sobre os tempos que vivimos: a sociedade do consumo, a desnaturalización e a perda dos recursos humáns e sociais máis básicos. Un grande traballo de debut que conta co garante da produción na Casa de Tolos, de Segundo Grandío, e o deseño e a edición de Falcatruada.





