Silvia Penide
A gravidez da súa voz e o calado das súas letras desatan unha forza emocional que tambalea o ánimo con sinceiridade, cercanía, dozura…
Definir o universo de Silvia Penide non é sinxelo: hai quen se decanta pola Silvia cantautora, outros atrévense a chamala solista pop, e mesmo hai quen pensa que pasea á metade de camiño entre o experimental e o electrónico. Pero o certo é que a súa proposta baséase na sinceiridade [dunhas letras que son parte de seu], na cheganía [dunha velada íntima], na inmediatez [de escoitala a metro e medio], e na dozura… unha experienza que paga a pena atreverse a descubrir.





