Rodrigo Romaní
Rodrigo Romaní é un coñecido músico galego, cunha longa traxectoria no grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu.
Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario -nos que acostuma ter colaboracións-. Polo de agora, publicou dous discos: Albeida (2000) e Cantos Caucanos. É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un multi-instrumentalista (harpista excelente, tamén toca guitarras, bouzouki e ocarina), ademais de ser un notable vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do novo dúo Sete Saias. Recentemente creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.





