Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Roberto Sobrado

Roberto Sobrado

Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida. Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, máis os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso.

Os seus discos son cálidos, os seus directos dinámicos. Non dubidedes en achegarvos a el porque sempre sairedes cun sorriso, sempre levaredes un retrouso no corazón.

Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.

 

texto recollido do ultramarinos