Rinoceronte Editora
Rinoceronte Editora SL creouse en Cangas do Morrazo no ano 2005 cunha idea: traducir ó galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, atendendo en especial a ámbitos culturais e lingüísticos dende os que nunca se importara nada á nosa lingua. Dese xeito, foron os primeiros en traducir dende o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo. As súas principais coleccións, Contemporánea, Clásica e Vétera, responden a un criterio cronolóxico e comprenden obras de narrativa posteriores a 1950, de 1800 a 1950 e anteriores ó século XIX, respectivamente.





