Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Quempallou

Quempallou

Quempallou nace no ano 1999 dacabalo entre o Incio (Lugo) e o Morrazo (Pontevedra). 

Ao longo da súa traxectoria teñen actuado nos máis importantes festivais folk de Galicia (Ortigueira, Pardiñas, O Morrazo...), e visitado moi diferentes lugares da Península (Setúbal ou Loulé en Portugal; Intercélticu d’Avilés, Segovia, Madrid, Barcelona...) e de Francia (Casa Galega de París; Intercéltico de An Oriant na Bretaña).

Gozade pois coa fresca proposta de Quempallou e deixádevos levar pola forza da súa música e da súa palabra. Ide gustosamente a canda eles... e lume no peito!!!

Compoñentes:
Roi Maceda: Acordeón.
Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz.
Isaac Millán:bouzouki, Guitarra acústica.
Roi Adrio: tamboril, percusións.
Xosé Maceda: Bombo, percusións.
Alfonso Agulla “Eski”: son ao vivo.