Pedro Lamas
Cecebre, A Coruña (1978)
Membro fundador do grupo de música tradicional ‘Lelia Doura’ (1995-2000) e ‘Luvas Verdes’, na actualidade desempeña a súa faceta como gaiteiro e compositor neste último e na compañía ‘Nova Galega de Danza’ amais de colaborar habitualmente con outros artistas e formacións como Vaamonde, Lamas e Romero ou Xabier Díaz.
Posúe un dos curriculums con máis galardóns no mundo da música tradicional, acumulando máis de cincuenta premios no seu haber.





