Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Pablo Pérez

Pablo Pérez

Pablo Pérez (contrabaixo, baixo eléctrico) ten unha bagaxe ampla e aberta como instrumentista e como compositor. Estudou con músicos como Daniel Martínez, Cecilio Morales, Quique Alvarado, Paco Charlín, Kin García, Dalibor Sebestnik e Alfonso Morán. Compuxo música para curtametraxes como “Tauromaquia” ou montaxes teatrais como “O Navegante” de Chévere. Neste mesmo ámbito é contrabaixista de directo da compañía Berrobambán.

A súa música pode escoitarse en documentais, programas de televisión, spots comerciais de tv, radio e videoxogos. A súa actividade instrumental pasa por diversas formacións de música tradicional como “Fía Na Roca” ou “Xúa”, sendo nesta última tamén compositor e arranxista.