Ouvirmos
A editorial Ouvirmos, especializada en música galega, permitiu a recuperación dun catálogo sonoro que vai desde o primeiro disco galego da historia do ano 1904 até os nosos días.
As súas coleccións "A Tiracolo" (Premio da Crítica de Galicia 2008), "Fotobiografías Sonoras" (Premio da Asociación Galega de Editores á Mellor Iniciativa Editorial 2009) e "Itinerarios Histórico-Musicais" fixeron de Ouvirmos un dos referentes discográficos do país, caracterizado pola excelencia do seu traballo de investigación e divulgación.
A través da colección "Vir" tamén lanzan novidades discográficas de músicos galegos.





