OQO
OQO é un espazo de creación onde habitan suxestións innovadoras que invitan a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras.
OQO é un lugar de encontro de historias onde distintas sensibilidades plásticas e literarias nos propoñen novas formas de mirar e de mirarnos.
OQO ofrece en cada obra un camiño de ida e volta, unha viaxe única e diferente, onde conviven maneiras de escoitar, de sorprenderse, de xogar; mundos por descubrir e inventar…
OQO aliméntase do humor, a tenrura ou a denuncia para avivar sentimentos, emocións e conciencias sen renunciar nunca a unha calidade que conta con recoñecementos internacionais.





