Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Nordestin@s

Nordestin@s

A ollada contemporánea á tradición mariñeira.

O grupo está formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful).

Neste proxecto as voces de Guadi Galego e Ugia Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar.

Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade.