Narf
Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor da Galiza que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. Neste último apartado, Narf é un dos músicos máis recoñecidos de Galicia, guitarrista único e posuidor dunha delicada voz e altas doses de talento.





