Nani García
Amador García Silva (A Coruña 1955)
Solista, productor musical, arreglista e compositor, conta cunha longa experiencia nos diversos formatos do medio audiovisual (anuncios, teleseries, videoexposicións). Ten composto bandas sonoras para longametraxes como “Blanca Madison” (Carlos Amil, 2000), curtametraxes como “Vete Davis” (Alber Ponte, 1993), programas de TVG como “Galeguidade” e mesmo se encargou da composición e interpretación simultánea de películas antigas como “Unha viaxe por Galicia” (Luís R. Alonso, 1929), filme restaurado polo CGAI).
Co grupo Clunia gañou cinco galardóns entre os que destaca o premio Especial Jazz Stop á mellor composición e arranxos orixinais (XVIII Festival Internacional de Donostia, 1983). Xunto con Xabier Ferreiro recibiu o premio Mestre Mateo 04 polo son do documental "Un bosque de música". Co mesmo colaborador recibiu o premio Mestre Mateo 06 (entregado en maio de 2007) ao mellor son, por "De Profundis". En solitario foi premiado tamén nos MM06 como autor da mellor banda sonora, pola mesma produción. Premio á mellor música orixinal nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por “O neno de barro”.
Formado musicalmente en Suecia (1976-1980) nas aulas de jazz do taller de música de Sollentuna, impartidas polo pianista Uffe Sandberg.





