Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Mónica de Nut

Mónica de Nut

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… ten experiencia na interpretación teatral e na expresión corporal. Estudiou piano e pedagoxía musical. Formouse no canto lírico licenciándose na Escola Superior de canto de Madrid, no canto tradicional e no jazz na escola Estudio de Compostela e no S.P.J. de Pontevedra.

Ademáis de cantar en varias agrupacións como Isga Collective, o duo Litanei, pandeireteiras A Buxaina… lanzou un primeiro disco de Mónica de nut trío, con Paco Dicenta ó baixo e bases eléctrónicas e Virxilio da Silva á guitarra.

Participou tamén en montaxes operísticas e de teatro musical; incluída a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás de Bertolt Brecht e Kurt Weill dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.