Miguel Vila Pernas
Miguel Vila Pernas, nado na Habana en 1958.
Fillo de galegos emigrantes, reside en Galicia dende 1961. Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e nos últimos anos desenvolve un traballo periodístico de investigación e divulgación da cociña e gastronomía galegas a través dos medios de comunicación. Numerosos e prestixiosos premios acreditan a súa brillante traxectoria. Así mesmo, obtivo o Premio Alimentos de España do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na modalidade de mellor labor informativa continuada relacionada cos “Alimentos de España”, polos artigos publicados no diario El Progreso ao longo do ano 2005.





