Miguel Peralta Maraver
Miguel Peralta Maraver naceu en Madrid en 1988. A súa vocación polas artes plásticas fíxoo obter moitos éxitos no campo do grafiti dende moi novo. Así e todo, as súas ansias de experimentación no eido da ilustración e o deseño levárono a participar en numerosas exposicións e festivais lucindo todo o seu xenio creativo.





