Martín Álvarez González
Martín Álvarez González (Ourense, 1974) é profesor de Cociña do Instituto de Ensinanza Secundaria de Vilamarín (Ourense). Preside a Asociación Cultural As Ortigas –un colectivo que loita por prestixiar as propiedades da pranta Urtica dioica– e é autor de numerosos traballos gastronómicos, entre eles, o volume Estrugas (2006). Comezou a súa carreira profesional no Instituto no que hoxe exerce como docente. Nel cursou estudos de Hosteleiría e aquí aprendeu “dende a limpar un polo ata os porqués dunha cociña creativa e experimental”. Máis tarde diplomouse en Empresas e Actividades Turísticas poa Escola Universitaria Cebem de Vigo e perfeccionaría o seu saber xunto ao chef Moisand no restaurante do hotel Westminster de París.
45 recetas con ortigas é o resultado da súa especial vocación e interese por descubrir novos camiños para a cocina tradicional de Galicia.





