Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Mariza

Mariza

Marisa dos Reis Nunes, de nome artístico Mariza, é unha fadista portuguesa nada en Mozambique o 16 de decembro de 1973.

Mudouse para Portugal aos tres anos. Na ‘‘Mouraría”, onde creceu, trabou coñecemento co fado. Mentres foi adolescente e ata asumir o fado cantou diversos xéneros musicais como, gospel, soul e jazz. En 1999 chega ao gran público da man da TVI, que transmitiu en directo as homenaxes a Amália Rodrigues nos coliseos de Lisboa e do Porto.

Mariza xa é considerada unha das mellores voces do que algúns chaman de "novo movemento do fado". As súas interpretacións apaixonadas e a súa voz que lembra ás grandes divas do xénero, como a eterna Amalia Rodrigues, fixeron que Mariza gañase recoñecemento internacional en pouco tempo, o que xa lle rendeu premios respectables como o de Mellor Artista de World Music da BBC londinense, en 2003.

O seu álbum de estrea, "Fado em Mim" (2001), foi éxito instantáneo en Portugal, vendendo máis de 30 mil copias, e motivou o lanzamento, pola súa gravadora, noutros mercados internacionais aproveitando o bo momento que a música portuguesa ten en territorio europeo e noutros países, como o México e o Xapón.

texto: galipedia

 
 
Imaxe de Transparente
, 2005
11,95€
Imaxe de Fado Curvo
, 2003
11,95€