Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Marcos S. Calveiro

Marcos S. Calveiro

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, é un escritor e avogado nado en Vilagarcía de Arousa en 1968. Actualmente reside en Vigo.

Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego.