Mar Guerra
Mar Guerra Cid naceu en Madrid hai 44 anos, pero vive na Coruña dende 1987. Xornalista de profesión, ten traballado para diferentes medios galegos, tanto en xornais como axencias e mesmo algunha radio.
En 2008 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xenaro e o misterio da mochila verde. Xenaro e a hucha do Indiano é a segunda entrega que ten como protagonista ao simpático Xenaro Conese Maiúsculo.





