Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Lucía Pérez

Lucía Pérez

Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega.

A súa andaina no mundo da música comezou cando tiña 8 anos, na escola. En 2002 consegue a vitoria no concurso da TVG Canteira de cantareiros, dirixido a cantantes afeccionados. Ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum Amores y amores. En 2005 participa no festival da canción de Viña del Mar (Chile), onde queda segunda, e que ten como consecuencia unha serie de actuacións nese país americano e mais en Arxentina, que alterna con concertos en Galicia. En 2009 participa por segunda vez no Festival de Viña del Mar.

Aínda que canta maioritariamente en castelán, ten gravado xa moitos temas en galego, e o seu disco "Dígocho en galego" (2010) é todo na nosa lingua.

En 2010 proclamouse gañadora do primeiro Festival da Canción Gay, Gayvisión, coa canción "O Incio" (íntegramente en galego). 

Durante xaneiro de 2011 foi unha dos trinta candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2011, e finalmente, foi a elixida no Festival de Eurovisión 2011 coa canción "Que me quiten lo bailao", cun 68% dos votos do público.
 

texto: galipedia