Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Los Tamara

Los Tamara

Los Tamara foron unha banda de pop formada en Noia que foi enormemente popular nos anos 60 e 70, facendo unha nova forma de música popular galega, incluindo novas influencias do Soul e o Rock, arranxos audaces e moitas letras en galego, incluindo poemas dos grandes escritores na nosa lingua.

A banda formouse en 1958 por Prudencio Romo, seu irmán Alberte, Manolo Paz, Xosé Sarmiento (guitarra e clarinete), Germán Olariaga (Violinista e cantante), e Enrique Paisal. En 1961 uníuselles o que sería o seu líder carismático: o cantante coruñés Pucho Boedo.

Texto: Galipedia