Lois Pereiro
Lois Pereiro Sánchez, máis coñecido como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos en 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego.
Contando con 17 anos marchou a Madrid a continuar os seus estudos. Alí fundou xunto a Anton Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela inconclusa Naúfragos do Paraíso.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte a mans da Sida, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia.
No ano 2011 adícaselle o Día das Letras Galegas.
Fotografía: Xosé Abad





