Ialma
Afincadas en Bruxelas, Ialma é un grupo de cinco cantareiras que recollen os cantos tradicionais dos seus ancestros en Galiza. Tras uns comezos a capella, con "Palabras Darei", nos seus seguintes traballos as melodías tradicionais mestúranse cos arranxos de músicos belgas.
Ialma segue transmitindo os seus cantares cun estilo personalizado, que se move entre o enxebre e o moderno, o que xenera unha música actual, sedutora e festiva.





