Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro

Nada en Becerreá en 1940, é unha escritora galega.

Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2004 é presidenta da Fundación Rosalía de Castro.

Casada co escritor Xesús Rábade Paredes, nai da poetisa María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade.

 

Texto: wikipedia