Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de GS21

GS21

Gs21 é unha compañía Galega de baile e música que nace en abril do ano 2005 por iniciativa dun grupo de bailadores/as e músicos pertencentes na súa maioría ó mundo dos grupos de baile tradicional. Este grupo de persoas entende que o baile tradicional galego, lonxe de ser algo do pasado é atemporal, é pasado, é presente, é futuro.

Gs21 emprega os infinitos recursos, tanto musicais como danzados, propios da tradición galega, dándolles una nova lectura, un novo punto de vista dende onde se busca provocar unha sensación no espectador sendo ó mesmo tempo respectuosos cós recursos, tanto na música coma no baile, herdados dos nosos maiores.

Gs21 é a innovación dende a tradición, é a música e o baile galego coma arte, como creación en si mesmo.

Divertir, divertirse. Emocionar, emocionarse. Alma; o baile e a música son, sobre todo, alma.