Gonzalo López Abente
A Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas en 1971.
Gonzalo López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878, finou o 23 de xullo de 1963.
Estudou Dereito na Universidade de Santiago e viaxou a países como Francia, Bélxica e Holanda. Despois instalouse no seu pobo natal, onde traballou nun banco até a súa morte. Gonzalo López Abente participou en todos os movementos culturais e políticos de Galicia. Colaborou en xornais e revistas como El Noroeste, Nós, Rexurdimento, Ronsel, A Nosa Terra... Desde 1925 formou parte do Seminario de Estudos Galegos.





