Geronimo Stilton
É todo un fenómeno literario. O rato Gerónimo Stilton está a arrasar nas librarías de varios países ata tal punto, que moitos críticos aseguran que é comparable ao fenómeno Harry Potter.
Elisabett Dami é a escritora italiana que deu vida no ano 2000 a un rato, Gerónimo Stilton, director do periódico El eco del roedor, que se edita edita en Ratonia, capital da chamada Isla dos Ratos. Este rato, ídolo de preadolescentes (entre 7 e 12 anos), é un bibliófilo empedernido e amante da música clásica. O ratiño conta con máis de trinta títulos editados, unha serie de televisión e un cómic, entre outros materiais.





