Fausto
Carlos Fausto Bordalo Gomes Dias, máis coñecido por Fausto (Vila Franca das Naves, 26 de novembro de 1948) é un cantor portugués.
Vencellado aos movementos de esquerda, durante a ditadura, Fausto continuou baixo o novo sistema político unha fecunda carreira musical. O seu estilo recolle todas as influencias dos cantores de abril, dende a inspiración nas músicas populares do norte do país, até a influencia dos ritmos africanos. O seu disco Para além das cordilheiras escolleuno a prensa como un dos dez mellores discos portugueses de todos os tempos. Porén, seguen a ser máis populares os seus primeiros traballos, en especial polas cancións "Se tu fores ver o mar (Rosalinda)", "Uns vão bem e outros mal" e "Roupa Velha".
Texto: galipedia





