Falcatruada
A pegada da música feita en Galicia
Unha aposta pola música que latexa no país, lonxe de estilos e correntes, dende o ámbito do tradicional ao pop, rock… ou ao cada vez máis enriquecedor camiño da fusión.
Como selo discográfico, o obxectivo de Falcatruada foi o de materializar as inquedanzas artísticas dos músicos galegos, difundir e proxectar as súas creacións, coas miras sempre postas na exportación e internacionalización dos nosos grupos.





