Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Faktoría K de Libros

Faktoría K de Libros

Faktoría K de Libros é un proxecto editorial que se basea no obxectivo de abordar terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces.

Libros para público infantil, pero tamén para lectores adultos ávidos de novas experiencias creativas. Libros convertidos en ferramentas que axuden a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso.

Faktoría K explora as expresións culturais doutros países e espazos lingüísticos para achegalas ao noso contorno. Ese diálogo permanente e dinámico co mundo que nos rodea toma forma nesta pequena fábrica de ideas para crear libros fermosos que viaxen pola senda do tempo ata lugares próximos ou recónditos.