Eva Moreda
Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga, Asturias, en 1981, é unha escritora en lingua galega.
Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio 'Diadema de Ribadeo' na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudios de posgrao en Xornalismo. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.
En 2010 gañou o premio Narrativas Quentes con Organoloxías e ese mesmo ano gañou tamén a IX Edición do Certame Literario Terras de Melide coa novela A Veiga é como un tempo distinto.
fonte:wikipedia





