Emilio Rúa
A tonalidade das cancións de Emilio Rúa deambula entre os sons pop e a música tradicional pero cunha personalidade nova e diferente ao resto de traxectorias anteriores cantadas en galego.
Rodeado dun plantel de músicos de primeira liña, Emilio Rúa presenta o seu novo disco Vida Miña, un traballo discográfico no que puido contar con figuras claves do panorama musical actual da Galiza.





