Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Elena Gallego Abad

Elena Gallego Abad

Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é xornalista, cunha ampla traxectoria profesional nos medios de comunicación galegos, tanto na prensa escrita coma na radio. Membro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), dende 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora das emisoras de Radio Ourense (SER), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular de Ourense (COPE), Voz de Galicia Radio e Onda Cero Ourense.

No período 1994-1996 colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións dos xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1998 recibiu o Premio “Xosé Aurelio Carracedo” de Xornalismo da Deputación Provincial de Ourense, no apartado de Medios Audiovisuais, pola produción e realización do programa “A Fiestra”, emitido por Onda Cero Ourense. En 1999 incorporouse ao cadro de Faro de Vigo, desempeñando o labor de xornalista nas súas delegacións de Ourense, Pontevedra e, dende 2002, en Cangas do Morrazo onde actualmente traballa. Como narradora publicou Dragal. I. A herdanza do dragón (Xerais 2010), novela finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009.

fonte:xerais