Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Doa

Doa

DOA é un grupo musical galego que xorde na Coruña en 1978, formado inicialmente por Bernardo Martínez (frauta), Xoan Piñón (guitarra) e Enrique F. Ferreira (violonchelo), comeza acompañando a Xosé Quintas Canella; o seu estilo ten como base a música popular e medieval galegas, incluíndo de cando en vez, composicións propias.

Coa incorporación de Miro Casabella (voz, zanfona, cítola), Xaquín Blanco (gaitas, bombarda, frautas) e Pedro Puértolas (violín), queda configurada a formación que rexistraría a primeira gravación.

Actualmente a banda está formada por Xoan Piñón, Bernardo Martinez, Susana de Lorezo, Óscar Fernández e Xaquín Blanco.

 
 
Imaxe de A fronda dos cervos
17,69€
14,95€