Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Deseqilibrio Mental

Deseqilibrio Mental

Bourando e tocando dende 2002, Deseqilibrio Mental edita o seu primeiro traballo "Con Q sin U" (Lobicán Records), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son.

O grupo parte do rock/ metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa música.

O seu traballo viuse recompensado ó longo destes anos tocando en festivais como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010.