Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de David Rubín

David Rubín

David Rubín, nado en Ourense o 19 de outubro de 1977, é un dos principais autores de banda deseñada galegos.

Debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións e continuou no campo da animación traballando para a produtora coruñesa Dygra, onde co-dirixiu "O espírito do bosque".

Confundador do colectivo Polaqia en 2001, conta con series propias nas revistas galegas BD Banda (desde 2001) e Barsowia (desde 2003). É o autor de Os Kinkilláns, unha das series máis populares da segunda etapa de Golfiño.

Actualmente está centrado no ámbito da banda deseñada, sendo un dos autores galegos máis prolíficos, con numerosos traballados publicados internacionalmente.