Chema Heras
(Ávila, 1957) É profesor de inglés en Cambados (Pontevedra) e pertence ao consello editorial de FAKTORÍA K DE LIBROS.
Editou libro de poemas “Nido de amor e cuna” (1982) e a colección de contos “Bulebule” para o
ámbito educativo, destinada ao ensino da lectura en galego. Durante a súa estadía en Australia escribiu varios libros editados polo Departamento de Educación de Nova Gales do Sur. Entre as súas publicacións figuran “A fuxida dos Nenos” (Sotelo Blanco, 1990). Tamén é autor de “Avós” (Premio Llibreter 2003), editado en galego, castelán, catalán, euskera e portugués por KALANDRAKA e traducido a outros idiomas. Ademais, é tradutor de títulos como “Las aventuras de Pinocho”, na mesma editorial.





